Segunda xeración de mestres queseiros. Os nosos queixos teñen orixe na Galicia rural, onde a excelencia do leite das vacas que pastan nos prados da zona fusiónase coa herdanza do pasado para dar lugar a innovadoras creacións.
Cortes de Muar
TRADICIÓN CON INNOVACIÓN
![Os nosos queixos están feitos a man con leite de vaca pastoreado e de produción limitada Os nosos queixos están feitos a man con leite de vaca pastoreado e de produción limitada](https://cortesdemuar.com/wp-content/uploads/2023/10/iconos-valores-galego-300x94.png)
Cortes de Muar naceu en 2013, querendo extender o labor da primeira xeración de queixeiros da familia baixo unha marca diferenciadora e expresiva do noso bo facer. Traballamos con materia prima de primeira calidade para obter pezas con sabores sorprendentes. A partir da tradición, innovamos nos procesos e elaboramos queixos únicos de produción limitada.
![Imaxes dalgúns dos queixos que elaboramos Imaxes dalgúns dos queixos que elaboramos](https://cortesdemuar.com/wp-content/uploads/2023/09/Foto_quesos_portada-500x355.jpg)
OS NOSOS QUEIXOS
En Cortes de Muar os queixos teñen personalidade propia. Desenvolvemos as nosas receitas froito de combinar técnicas tradicionais e creatividade, onde as vacas, as nosas «raíñas», son as auténticas protagonistas; por iso facémoslle homenaxe con nomes como Mimosa, Marquesa ou Marianne.
Moitas das nosas creacións foron merecedoras de premios e recoñecementos nacionais e internacionais.
DESDE GALICIA ATA...
O noso obrador atópase no Val do Deza, zona de gran tradición gandeira, concretamente en Silleda, ao sur da provincia de Pontevedra.
Podes encontrar os nosos produtos en tendas especializadas e de mercado de toda España. Ademais, exportamos a varios países de Europa e participamos en concursos internacionais, chegando con elo a moitos outros lugares.
![Mapa do mundo Mapa do mundo](https://cortesdemuar.com/wp-content/uploads/2023/09/Mapa_inicio-500x300.png)

![Banda_decorativa_floral](https://cortesdemuar.com/wp-content/uploads/2023/09/Banda_decorativa_floral.png)
![Icono_vaca_pie_pagina](https://cortesdemuar.com/wp-content/uploads/2023/09/Icono_vaca_pie_pagina-300x287.png)