Cortes de Muar é o proxecto dos irmáns Germán e Rita, a segunda xeración dunha queixería familiar con máis de vinte anos de experiencia, situada en Silleda (Galicia). No noso obrador elaboramos queixos aplicando diversas técnicas tradicionais, en producións limitadas, co leite das vacas que pastan nos prados da zona.
A QUEIXERÍA
O mimo e o esmero cos que traballamos e o tempo que lle adicamos a cada peza que sae das nosas mans, son o sinal de identidade da nosa marca, creada en 2013, coa que fomos creando un universo visual moi particular e recoñecible no mundo do queixo.
O TÁNDEM PERFECTO
Traballar en familia pode ser un desafío, mais considerámolo un privilexio, especialmente cando este traballo permite manter e poñer en valor un legado recibido.
Neste labor de conxunto, aplicamos os nosos coñecementos e habilidades aos procesos de creación e elaboración, co obxectivo de satisfacer a un mercado que valora a calidade e a orixinalidade. Rita aporta a súa experiencia como bióloga e tecnóloga de alimentos, mentres que Germán contribúe coa súa formación como enxeñeiro ténico en industrias alimentarias.
O resultado! Queixos feitos a man, en pequeno volume e co toque de innovación necesaria para obter uns queixos con personalidade propia.
VALORES QUE NOS DEFINEN
O noso oficio de queixeiros sempre estivo ligado a unha forma de vivir, ao mantemento de tradicións e técnicas máis «primitivas» e adaptadas á contorna. Claramente, esta forma de entender e de facer está baseada nos valores que nos moven. Non so queremos facer queixos especiais, traballamos convencidos de que…
OS PRODUTOS CRUS
SON FONTE DE SAÚDE
Cremos firmemente na frase «que o alimento sexa a túa menciña», por iso utilizamos leite cru de vaca en pastoreo para elaborar queixos que manteñen a calidade nutricional da súa materia prima; aportando ademais flora microbiana rica e diversa para o noso corpo.
A NEOARTESANÍA É
CLAVE DE SOSTIBILIDADE
Utilizamos a tecnoloxía sen perder a esencia, respectamos o medio ambiente e promovemos o traballo con outros produtores. Esta forma de facer imprime nos nosos queixos novas cualidades sensoriais, culturais, matéricas ou estéticas que revalorizan un produto tradicional.
O RURAL É FERMOSO
Na contorna rural valoramos a beleza tanto como a funcionalidade. A cultura do aproveitamento nos impulsa a ser creativos, a transformar o tradicional en algo fermoso. Nesta contorna, non sacrificamos a estética; abrazámola e facémola o noso selo distintivo en cada paso que damos.