OS NOSOS QUEIXOS

Os queixos que elaboramos en Cortes de Muar parten das receitas tradicionais e inclúen o toque persoal dunha nova xeración onde a innovación, tanto técnica como nos procesos de elaboración, complétase cunha boa dose de imaxe de marca.

Imaxe do noso queixo Mimosa

MIMOSA

Ouro World Cheese Award 2014 e 2017.
Bronce World Cheese Award 2018.
Mellor queixo de vaca moza, Gourmet-Quesos 2019.

Peza de 700 g.

Descrición
Queixo tipo país, suave e cremoso. Elaborado con leite pasterizado de vaca.

Tecnoloxía de producción
Pasta prensada non cocida.

Época de maduración
15 días.

Notas de cata
Aroma limpo e lácteo (nata e iogur). Textura branda cremosa e fundente. Sabor lixeiramente doce é ácedo de vez, pouco salgado. Notas de nata e vainilla.

Imaxe do noso queixo Marianne

MARIANNE

Ouro World Cheese Award 2021.
Ouro, Concurso Internacional Lyon 2022.

Peza de 2,5 Kg.

Descrición
Queixo de leite de vaca cru, pasta semicocida madurada en herba seca durante 3 meses.

Tecnoloxía de producción
Pasta prensada semicocida.

Época de maduración
3 meses.

Notas de cata
Queixo con aromas florais achegados pola herba seca na codia e a tofe suave e noz no interior da pasta. Inspiración nas antigas receitas de queixos alpinos. Textura de media adhesividade e intensidade.

Imaxe do noso queixo Marigold

MARIGOLD

Prata World Cheese Award 2013 e 2017.
Bonce World Cheesse Award 2018.

Peza de 4 Kg.

Descrición
Queixo curado graxo, elaborado con leite de vaca cru, curado en pano e manteiga de nata durante 8 meses.

Tecnoloxía de producción
Pasta cheddarizada.

Época de maduración
8 meses.

Notas de cata
Elegantes notas vexetais e fúnxicos (noz, froitos secos) con sutil amargura que recorda aos queixos tipo cheddar co toque da nosa manteiga de nata.

Imaxe do noso queixo Marquesa

MARQUESA

Peza de 1,7 Kg.

Descrición
Queixo cremoso de codia branda, madurado en mofo natural durante 1 mes. Elaborado con leite pasterizado de vaca.

Tecnoloxía de producción
Pasta branda.

Época de maduración
30 días.

Notas de cata
Lixeiro aroma a pastos e herba húmida. Codia natural con mofo. Textura tenra, alta elasticidade e pastosa no padal.

Imaxe do noso queixo Mandy heno

MANDY HENO

Tarro de 100 g.

Descrición
Crema de queixo untable elaborada co 55% de queixo Marianne madurado en herba seca.

Tecnoloxía de producción
Queixo procesado.

Época de maduración
0 días.

Notas de cata
Cor marfil claro, con aroma a herba seca en baixa intensidade. Pasta cremosa e untable, ideal para tostas e incorporar a receitas da cociña.

Queres saber máis de nós?
Séguenos en redes sociais:

Logo-digitalizadores-blanco

Queres saber máis de nós?
Séguenos en redes sociais:

Logo-digitalizadores-blanco